29 nov 2012

Hoxe temos "Matambre", cun toquiño especial que llo dá o viño Albariño e unha copiña de viño Porto Branco.É unha receta moi sinxela que en certo modo nos solventa unha comida pra varios, xa que farta dabondo gracias ó recheo que leva.
Fainos falla unha falda de vitela, a sere posible grande xa que así nos dá para enrrollar ben.
Carne de porco ben picadiña, uns fígados de polo (con tres chegan), tres ovos, xamón curado, miga de pan, leite,viño Albariño, Viño Porto, perexil, cebola, pementos,cenorias,allos, caldo dos fígados,aceite de oliva,sal, pementa, canela, noz moscada, fío dos chourizos.
Estiramos a falda sobre a mesa e salamola un pouquiño.
Nunha pota cocemos os ovos, e noutra escaldamos os fígados.
Nunha cunca con un pouco de leite poñemos a miga do pan a remollar.
Picamos unha das cebolas moi finiña
Nun bol poñemos:
A carne picada, a cebola picadiña, o xamón en tiras finas, perexil picado, os fígados escaldados, media copiña de viño do Porto, a miga do pan escurrida,un allo picadiño, salpimentamos, unha pizquiña de noz moscada, unha culleriña de canela.
Chegados neste punto, temos que meter as mans no bol e remexer ben, non se pode facer doutro modo se queremos que a masa quede omoxenea.
Poñemos a masa sobre a falda e vamos picandolle os ovos en tres cachos cada un, enrrollamos a falda sobre si  mesma e cosemos o conxunto co fío dos chourizos, tratando de que no saia nada pra fora.
Nunha tarteira cun pouco de aceite de oliva sellamo-la carne.
Logo de sella-la poñemos a falda rechea na tarteira que vai ir ao forno, e arredor da carne colocamos as cenorias, cebolas en cachos grandes,pementos, allos picadiños, as cenorias, perexil picadiño, agregamos un pouco de caldo dos figados de polo, un bo vaso de viño Albariño e un xeneroso chorro de aceite de oliva por enriba de todo e ao forno hora e media.
Sabremos que a carne esta no punto, cando lle metemos a punta dun coitelo e sacamolo rapidamente e dentro esta quente, se esta frío no interior da carne e que lle falta por facerse.
Coas verduras pasamolas pola batidora e logo polo chino e temos unha boa salsa para regar a carne e o pure de patacas con que acompañaremos este "Matambre especial".

24 nov 2012

Estamos no momento de facer zumes coas laranxas, mandarinas e limóns, ambo-los tres teñen un aporte moi alto de vitamína C, sendo o limón o que mais ten. Algo tan sinxélo coma un pouco de zume de limón acaba co escorbuto, esa plaga que diezmou as tripulacións dos navios de todas as grandes armadas do mundo durante séculos.
Un remedio caseiro que me dixeron pra limpar a besícula, (xa que a pobre sufre bastante co que lle metemos ao corpo) e tomar un pouco de zume de limón pola mañá cunha pinga de aceite de oliva, eso axuda a depurar é o noso organismo o agradecerá, da mesma xa lle aportamos algo de vitamína C e as gripes e demais enfermedades típicas desta datas van telo mais complicado de encamarnos.
Se vos fixades nos datos, os cítricos danse no Outono na mesma epoca que os procesos gripais, compre quitar o chapeu ante a Natureza por ser tan sabia. Xa sabedes... a tomar zumes pola mañá.
 https://www.facebook.com/pages/A-cociña-viaxeira

21 nov 2012

"Polo San Martiño...matase o porquiño e atestase o pipotiño"...xa nestas datas onde o frío comeza a facerse notar, as xentes preparanse pra a mata dos porcos, e os pipotes atestanse xa que deixou de ferver o viño novo. Preparanse os baños onde se vai salar o porco e xa feita a matanza preparanse filloas de sangue, morcillas, botelos, zorza e cos días faranse os chourizos. É a fartura dunha casa o ter un porquiño pra matar, cambia o sabor da carne de porco da casa do que se compra nas carnicerías e grandes establecementos. Buscade carniceiros de confianza que teñan boa carne,hoxe en día hay bos pocos criados en liberdade e eso e calidade na hora de comelo.
Xa sabedes a beber viño novo e comer roxóns.
Temos grandes viños en Galiza que dende a epoca dos romanos vimos explotando a sua producción, e degustando os diferentes tipos, o albariño e un deles, pero a maiores temos godello, loureiro, caiños, mencía, espadeiro...etc. 
Estes viños crianse na variada orografía galega, e cada un é unha pequena xoia que brila por si mesma.
Cada un co seu corpo, color e aroma nos trasladan no espacio ata a zona onde se cultivan, dende o mar ata os cañons do Sil, pasando polo ribeiro, dende a Ría de Arousa ata o Rosal.
Agoara que xá temos o millo gardado,os que teñan a posibilidade de moelo aínda farán unha boa fariña ca que fornear unha bóla de broa,unha empanada de millo con croques ou zamburiñas, uns bolos de pote para engadir no cocido, mesmo podemos facer co óleo unhas papas de millo.
Xa hai pouca xente que vaia moer os muiños de auga, agora moese na casa con muiños eléctricos e menos mal que ainda podemos atopar a fariña milla, hai diferentes millos e como tal diferentes tipos de fariña.  A mellor  pra cocer e a fariña branca, podemos atopala en moitas panaderías, se é que na casa non temos a sorte de ter millo.
Foto: Agoara que xá temos o millo gardado,os que teñan a posibilidade de moelo aínda farán unha boa fariña ca que fornear unha bóla de broa,unha empanada de millo con croques ou zamburiñas, uns bolos de pote para engadir no cocido, mesmo podemos facer co óleo unhas papas de millo. A fariña branca pódese atopar en moitas panaderías, se é que na casa no temos a sorte de ter millo.

19 nov 2012

Sempre hai quen ten un bo corte de nabizas na horta. Con esta sabrosa verdura, podemos facer moitos pratos diferentes,sempre tendo en conta o seu sabor. Podemos facer un caldo cunhas patacas, algún chourizo e algo de unto.Tamen acompañan moi ben a un peixe pola noite, un revolto ou unha empanada cos restos de nabizas que sobraran do caldo.
Poderíamos seguir falando da cantidade de opcións que ten esta verdura, pero e mellor que lle deades voltas ó maxín e aproveitedes esta maravilla que esta no seu tempo.
 
Foto: Sempre hai quen ten un bo corte de nabizas na horta. Con esta sabrosa verdura, podemos facer moitos pratos diferentes,sempre tendo en conta o seu sabor. Podemos facer un caldo cunhas patacas, algún chourizo e algo de unto.Tamen acompañan moi ben a un peixe pola noite, un revolto ou unha empanada cos restos de nabizas que sobraran do caldo, poderiamos seguir falando da cantidade de opcions que ten esta verdura, pero e mellor que lle deades voltas ó maxín e aproveitedes esta maravilla que esta no seu tempo.

17 nov 2012

Estamos no Outono, e como xa sabedes... esta e a tempada das castañas, dos cogumelos, das nabizas, e a época de matar os porcos e de atestar os pipotes de viño novo. As aldeas empezan a fomegar coas cociñas de leña, e nas cambotas colganse os chourizos que seran fomegados con ramas de loureiro.
Tamen se fan os cocidos que durante os meses de calor non se comeron, e chegados neste momento as xentes xa debecen por él. 
O outono e unha gran estación, recollidos os productos da horta  de verán, as patacas e o viño, agora e o momento de degustalos cos nosos.

Dende este blog encargareime de enaltecer a boa comida, a que se facía nas casas, a que facía miña abuela e a abuela de todos nós, esas comidas feitas sen presas e con agarímo, algo que pouco a pouco imos perdendo. Agora levase mais o consumo de comida basura, ou no mellor dos casos sair a un restaurante a cear cos amigos ou familiares.
Enseñaronme que cando de verdad aprecias a alguen a mayor ofrenda que se facía na nosa  terra (supoño que tamen no resto do mundo) era invitalo a comer na tua casa. Esto estase perdendo, e todos decimos que é por que non temos tempo pra cociñar...

Fomentarei o consumo dos productos de tempada, así como a compra aos productores locais.
Faremos tamen cociña internacional, xa que o "slow food" e algo do mundo enteiro, e tan boa é a comida nosa, como a que se fai noutra parte calquera, sempre que sexa con productos naturais, e da casa no posible.

Chamamoslle "a  cociña viaxeira" por que e un viaxe que queremos facer con vos, iremos ata as vosas cociñas e cociñaremos pra vós e pra os vosos amigos ou familiares, non vos procuparedes mais que de disfrutar e nós nos encargamos do resto, sera unha viaxe chea de aromas e sabores olvidados e outros por descubrir...acompañadenos nesta viaxe.