Estamos no Outono, e como xa sabedes... esta e a tempada das castañas, dos cogumelos, das nabizas, e a época de matar os porcos e de atestar os pipotes de viño novo. As aldeas empezan a fomegar coas cociñas de leña, e nas cambotas colganse os chourizos que seran fomegados con ramas de loureiro.
Tamen se fan os cocidos que durante os meses de calor non se comeron, e chegados neste momento as xentes xa debecen por él.
O outono e unha gran estación, recollidos os productos da horta de verán, as patacas e o viño, agora e o momento de degustalos cos nosos.
Dende este blog encargareime de enaltecer a boa comida, a que se facía nas casas, a que facía miña abuela e a abuela de todos nós, esas comidas feitas sen presas e con agarímo, algo que pouco a pouco imos perdendo. Agora levase mais o consumo de comida basura, ou no mellor dos casos sair a un restaurante a cear cos amigos ou familiares.
Enseñaronme que cando de verdad aprecias a alguen a mayor ofrenda que se facía na nosa terra (supoño que tamen no resto do mundo) era invitalo a comer na tua casa. Esto estase perdendo, e todos decimos que é por que non temos tempo pra cociñar...
Fomentarei o consumo dos productos de tempada, así como a compra aos productores locais.
Faremos tamen cociña internacional, xa que o "slow food" e algo do mundo enteiro, e tan boa é a comida nosa, como a que se fai noutra parte calquera, sempre que sexa con productos naturais, e da casa no posible.
Chamamoslle "a cociña viaxeira" por que e un viaxe que queremos facer con vos, iremos ata as vosas cociñas e cociñaremos pra vós e pra os vosos amigos ou familiares, non vos procuparedes mais que de disfrutar e nós nos encargamos do resto, sera unha viaxe chea de aromas e sabores olvidados e outros por descubrir...acompañadenos nesta viaxe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario