Sempre hai quen ten un bo corte de nabizas na
horta. Con esta sabrosa verdura, podemos facer moitos pratos
diferentes,sempre tendo en conta o seu sabor. Podemos facer un caldo
cunhas patacas, algún chourizo e algo de unto.Tamen acompañan moi ben a un peixe pola noite, un revolto ou unha empanada cos restos de
nabizas que sobraran do caldo.
Poderíamos seguir falando da cantidade de
opcións que ten esta verdura, pero e mellor que lle deades voltas ó
maxín e aproveitedes esta maravilla que esta no seu tempo.
