20 dic 2012

Fai un tempo tiven a oportunidade de viaxar a Tailandia, co meu bo amigo Bruno.Os dous xuntos recorremos ese fermoso país, saindo dende o norte (tamén chamado triangulo de ouro), logo en Chiangmai collemos un tren a Bankog, e dende ahí a Puket e logo a Kaolak.

Cando preparaba o viaxe na miña casa, a idea era facer un curso de cociña no lugar onde decidiramos  pasar a nosa estancia, pero en Tailandia ou polo menos o que me encontrei eu, e que hai cursos de cociña, pero só pra turistas: levante ó mercado, mercas os productos, cociñas un prato sinxelo e "arreando que é gerundio" eso sí antes pagas.
Non me gusta criticar, xa que dende logo non é o fín desta páxina, pero direi... que non era o que eu procuraba.
Nós non programamos as viaxes, saimos e listo, adaptamonos a todo, eso nos dá unha independencia e flexibilidade a hora de movernos que non poderías ter si xa tés un hotel reservado e os billetes comprados para diferentes sitios do país.

Teño que decir que en todo o tempo que estivemos en Tailandia, non tivemos problemas de bandullo en absoluto.
As comidas como ben sabedes, son aromáticas e sabrosas, hai que ter coidado cos curris, xa que teñen varios tipos, dende o amarelo,o verde ata o roxo. O maís suave e o amarelo, o roxo e pra machotes, e o verde e un intermedio, ainda que lle chega ben.

Fartos estavamos de xantar en restaurantes e carritos na calle ( todo moi rico por certo), e decidimos preguntar por algún sitio diferente. Tal cousa fixemos...xa que nos mandaron a un "cociñe vostede mesmo"  e non dudamos en entrar e copiar o que facian o resto da xente "y donde fueres haz lo que vieres" xa o dí o refrán. Ademaís eran todos tailandeses e o darse conta de que eramos extranxeiros, enseguida nos axudaron entre risos e amabilidade. Por certo os bichos estan ben bós, nunca o pensaría...




17 dic 2012

Este fin de seman estivemos de matanza na casa, e como ven sabedes os que facedes mata do porco, sempre e unha festa, tamen hai moito choio xa que hai que despezar, salgar, facer filloas de sangue, facer roxóns, preparar a carne pra os chourizos, e moitas cousas mais que conlevan o matar o porco.
 

Aparte disto o sábado pola noite tivemos unha cea uns amigos, con fígado de porco encebolado, unhas doradas salvaxes ao forno cunha cama de patacas e cebolas mais unhas botellas de Godello e Mencía pra moer a farta.
Velahí van unhas fotos.





13 dic 2012


Creo que despois das dubidas que por correo me comentades, ó non ter claro a que estan dedicadas estas páxinas,tanto deste facebook coma do blog, creo necesario explicalo, xa que nun principio non o fixen ben  " y a las pruebas me remito" como dí Manquiñas.
Comecemos: tanto este facebook coma o blog crearonse pra publicitar e informar sobre un servicio de cociña que facemos a domicilio, noutras palabras...somos un equipo de persoas que se dedican a cociñar na vosa casa, ¿como? moi facil, imaxinade que tedes unha comida cós amigos ou familia na casa, xa que non vos apetece sair, pero tampouco queredes cociñar e logo limpar todo, só queredes sentarvos e disfrutar do xantar, pois non hai problema vos poñedes en contacto connosco e alá vamos nós...
Nós mercamos a comida, cociñamos, servimos e recollemola mesa, fregamos todo e despois de serviros o café e a primeira copa imonós.
Tamen a traves destas páxinas fomentamos o consumo de productos frescos e de tempada, así coma aqueles que consideremos de calidade, sempre arranxados nos prezos ós tempos que corren, xa que temos claro que non por mais gastar se xanta mellor.
A forma de contactar connosco e a traves de correo:
oarroas38@gmail.com
oarroas@yahoo.es
Movil 615073890

BO PROVEITO
Foto: Creo que despois das dubidas que por correo me comentades, ó non ter claro a que estan dedicadas estas páxinas,tanto deste facebook coma do blog, creo necesario explicalo, xa que nun principio non o fixen ben " y a las pruebas me remito" como dí Manquiñas.
Comecemos: tanto este facebook coma o blog crearonse pra publicitar e informar sobre un servicio de cociña que facemos a domicilio, noutras palabras...somos un equipo de persoas que se dedican a cociñar na vosa casa, ¿como? moi facil,imaxinade que tedes unha comida cós amigos ou familia na casa, xa que non vos apetece sair, pero tampouco queredes cociñar e logo limpar todo, só queredes sentarvos e disfrutar do xantar, pois non hai problema vos poñedes en contacto connosco e alá vamos nós...
Nós mercamos a comida, cociñamos, servimos e recollemola mesa, fregamos todo e despois de serviros o café e a primeira copa imonós.
Tamen a traves destas páxinas fomentamos o consumo de productos frescos e de tempada, sempre arranxados nos prezos ós tempos que corren, xa que temos claro que non por mais gastar se xanta mellor. 
A forma de contactar connosco e a traves de correo:
oarroas38@gmail.com
oarroas@yahoo.es
Movil 615073890

BO PROVEITO

Esta seman estiven de viaxe por media España, e gastronomicamente foi unha experiencia moi boa.
Cando volvía pra a nosa terra, parei en Arévalo que como ve sabedes pertence a provincia de Ávila, famosa polas suas carnes, pero neste caso non degustei a terneira tan recomendable na zona, senón que disfrutei dun cochinillo que estaba de pecado, acompañeino dun Ribera del Duero chamado "Carramimbre" e o sorprendente deste viño é a calidade precio xa que non lle envexa nada a viños que lle triplican o prezo.
Teño que decir que a miña idea era hospedarme nun hotel que lle chaman "Posada real de los cinco linajes" cousa que foi imposible xa que estaba todo ocupado, pero non me privei de comer alí, e teño que decir que foi un acerto xa que Ana que exerce de Metre no restaurante acoselloume moi sabia e profesionalmente o que debía probar e deu no clavo de cheo.
Dende eiquí quero agradecer a Ana a sua profesionalidade.


7 dic 2012

Onte estiven na feira que se celebra nestas datas (6,7,8,9) no Auditorio do Mar de Vigo ( en beiramar).
Entre todos os postos que alí podemos atopar, nos referiremos a un que ten que ver co fin deste blog (a gastronomía).
Anxo ten o seu posto(Mundo Albariño) cunha variedade de productos galegos impresionates, atopamos dende conservas tan sabrosas como as que fan a xente de Artemar a viños e cervexas propias do noso territorio, a maioría das veces feitos por pequenos bodegueiros que con todo o coidado e esmero fan un viños maravillosos.


Son xentes que promoven o kilometro cero, ou sexa...comprar os productos o mais cercanos a nós, evitando desta maneira a contaminación que conleva o transporte de alimentos a grandes distancias.
Recomendo encarecidamente que vos deades unha volta pola feira, seguro que atopades algo interesante e os nenos divertiranse moito.

1 dic 2012

Xa estamos no mes de Decembro e se comezan a facer as típicas cenas de Nadal entre os amigos, dende eiquí vos propeñemos que sexamos nós os que vos fagamos a comida e vos sirvamos mentras disfrutades da compañia dos vosos achegados.






 Un momento pra compartir un bacallau cun rustrido de cebola e uns cachelos, que é moi do noso Nadal ou mesmo un cocido cuns bolos de pote, queda a vosa elección...non dudedes en poñervos en contacto con nós.                                                                                                                        https://www.facebook.com/pages/A-cociña-viaxeira

Con estes días de frío, parace que o corpo pide unha "Queimada" cando se esta cós amigos, de certo é... que cá caña recen feita, pois só falta unha pota de barro e un pouco de man pra facer a Queimada.
Según o  noso querido Álvaro Cunqueiro, a quiemada debe de levar:

Seis culleres de sucre por litro de caña e a casca dun limón (nada de café,xa que lle rouba á caña todo o sabor) disque lle queda ben unha taza de viño ó final da queima.


E LEMBRADE... "si bebes... no conduscas,non vaia ser que te esbarres"