13 dic 2012

Esta seman estiven de viaxe por media España, e gastronomicamente foi unha experiencia moi boa.
Cando volvía pra a nosa terra, parei en Arévalo que como ve sabedes pertence a provincia de Ávila, famosa polas suas carnes, pero neste caso non degustei a terneira tan recomendable na zona, senón que disfrutei dun cochinillo que estaba de pecado, acompañeino dun Ribera del Duero chamado "Carramimbre" e o sorprendente deste viño é a calidade precio xa que non lle envexa nada a viños que lle triplican o prezo.
Teño que decir que a miña idea era hospedarme nun hotel que lle chaman "Posada real de los cinco linajes" cousa que foi imposible xa que estaba todo ocupado, pero non me privei de comer alí, e teño que decir que foi un acerto xa que Ana que exerce de Metre no restaurante acoselloume moi sabia e profesionalmente o que debía probar e deu no clavo de cheo.
Dende eiquí quero agradecer a Ana a sua profesionalidade.


No hay comentarios: