17 dic 2012

Este fin de seman estivemos de matanza na casa, e como ven sabedes os que facedes mata do porco, sempre e unha festa, tamen hai moito choio xa que hai que despezar, salgar, facer filloas de sangue, facer roxóns, preparar a carne pra os chourizos, e moitas cousas mais que conlevan o matar o porco.
 

Aparte disto o sábado pola noite tivemos unha cea uns amigos, con fígado de porco encebolado, unhas doradas salvaxes ao forno cunha cama de patacas e cebolas mais unhas botellas de Godello e Mencía pra moer a farta.
Velahí van unhas fotos.





No hay comentarios: