20 dic 2012

Fai un tempo tiven a oportunidade de viaxar a Tailandia, co meu bo amigo Bruno.Os dous xuntos recorremos ese fermoso país, saindo dende o norte (tamén chamado triangulo de ouro), logo en Chiangmai collemos un tren a Bankog, e dende ahí a Puket e logo a Kaolak.

Cando preparaba o viaxe na miña casa, a idea era facer un curso de cociña no lugar onde decidiramos  pasar a nosa estancia, pero en Tailandia ou polo menos o que me encontrei eu, e que hai cursos de cociña, pero só pra turistas: levante ó mercado, mercas os productos, cociñas un prato sinxelo e "arreando que é gerundio" eso sí antes pagas.
Non me gusta criticar, xa que dende logo non é o fín desta páxina, pero direi... que non era o que eu procuraba.
Nós non programamos as viaxes, saimos e listo, adaptamonos a todo, eso nos dá unha independencia e flexibilidade a hora de movernos que non poderías ter si xa tés un hotel reservado e os billetes comprados para diferentes sitios do país.

Teño que decir que en todo o tempo que estivemos en Tailandia, non tivemos problemas de bandullo en absoluto.
As comidas como ben sabedes, son aromáticas e sabrosas, hai que ter coidado cos curris, xa que teñen varios tipos, dende o amarelo,o verde ata o roxo. O maís suave e o amarelo, o roxo e pra machotes, e o verde e un intermedio, ainda que lle chega ben.

Fartos estavamos de xantar en restaurantes e carritos na calle ( todo moi rico por certo), e decidimos preguntar por algún sitio diferente. Tal cousa fixemos...xa que nos mandaron a un "cociñe vostede mesmo"  e non dudamos en entrar e copiar o que facian o resto da xente "y donde fueres haz lo que vieres" xa o dí o refrán. Ademaís eran todos tailandeses e o darse conta de que eramos extranxeiros, enseguida nos axudaron entre risos e amabilidade. Por certo os bichos estan ben bós, nunca o pensaría...




No hay comentarios: