Onte estiven na feira que se celebra nestas datas (6,7,8,9) no Auditorio do Mar de Vigo ( en beiramar).

Entre todos os postos que alí podemos atopar, nos referiremos a un que ten que ver co fin deste blog (a gastronomía).
Anxo ten o seu posto(Mundo Albariño) cunha variedade de productos galegos impresionates, atopamos dende conservas tan sabrosas como as que fan a xente de Artemar a viños e cervexas propias do noso territorio, a maioría das veces feitos por pequenos bodegueiros que con todo o coidado e esmero fan un viños maravillosos.
Son xentes que promoven o kilometro cero, ou sexa...comprar os productos o mais cercanos a nós, evitando desta maneira a contaminación que conleva o transporte de alimentos a grandes distancias.
Recomendo encarecidamente que vos deades unha volta pola feira, seguro que atopades algo interesante e os nenos divertiranse moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario